Search
  • Carlos Vila García

Tontería e manipulación

Canta tonteria e manipulación hai no mundo, por favor!


Primeiro foi a manipulación: “A ver, teño que dicirvos que entre nós hai persoas que son inferiores por determinados motivos: non teñen a nosa intelixencia, nin a nosa forza, nin a nosa capacidade de liderazgo. E así entre nós, necesitámolas sen dúbida ningunha por moitos motivos (...) pero bah, elas que non se enteren, ademais podemos poñerlles traballos que nós non queremos facer”.


E logo chegou a tonteria: “Ai, pois debe ser certo...se o di Fulanito! Si, son máis febles, teñen eses días raros cando sangran, se non son coma nós deben ser menos ca nós, entón supoño que podemos facer o que nos pareza con elas”. En fin, merda para o cerebro que leva infectándoo miles de anos.


Xa todo o mundo sabe (algún non o quererá crer, sempre hai xente para darlle de comer aparte) que cando alguén destacaba facíase o que fose para ocultalo. Máis manipulación.

Vintemil voltas podían darlle algunhas a algúns, pero como non podían estudar nin acceder a cargos importantes (a inmensísima maioría das ocasións), non parecía que valesen tanto, e reforzábase a idea de que non valían coma os outros, e a gran maioría (tanto eles coma elas) aceptábano como principio indiscutible. Máis tontería.



Gran labor de desinformación e manipulación a do home ao longo da historia.

Pero que saibades unha cousa, aínda que foran poucos, sobre todo antes desta época supostamente máis “aberta” de mentalidade, estou seguro 100%, que houbo xente decente que as vía como iguais (moi poucos seguramente, é o triste).


E claro que somos distintos, pero non entre nós e elas, senón entre nós e nós, entre elas e elas... co cal ese argumento mantido por séculos é unha merda. Esta é unha desas mentiras a eliminar (hai moitas máis eh! pero hoxe é o día de falar desta).


A moitas persoas gústalles ter poder (segundo algunhas interpretacións pode ser para suplir outras necesidades ou carencias) e fan o que sexa por non perdelo, ata o punto en que se ven unha ameaza ao seu poder intentan contrarrestala como sexa.


Hai unha tendencia humana a intentar eliminar as “ameazas” sempre, cando pode ser moito máis útil, pero tamén máis sutil, buscar puntos de encontro beneficiosos para ambos “bandos”, mais o afán de poder leva implícito non perder avantaxes. Así estamos como estamos...


Creo que de tódolos xeitos cada vez somos máis os que nos damos conta e intentamos estar á altura (moitas veces fallaremos porque traemos un legado detrás inculcado durante demasiado tempo, non é unha escusa, é certo, ademais é mellor ir aos poucos que non ir).

Por desgraza os do meu xénero non son os únicos que se cren que por ser de determinado xénero son máis ca as do outro, xa que a parte asoballada ten tamén altas porcentaxes de “crentes” que acaban tirando pedras ao seu propio tellado, o cal é aínda máis triste e complica o asunto.


Unha cousa é o xénero e outra as persoas, e hai impresentables en todas partes independentemente do xénero.


O dito, hai de todo en todas partes, listos, tontos, enganadas, enganadores, mala xente, boa xente... Non por ser de determinado colectivo es de determinada forma, se queremos falar con propiedade non podemos xeneralizar. Como me contou un amigo meu: unha rapaza díxolle que lle caían xenial os gays, que eran todos encantadores e adoreibols e el moi didáctica e bordemente encargouse de desmontarlle a historia mediante unha demostración de que el podía non selo... a pobre, a ver se se ía quedar co clixé e equivocada para toda a vida.


Non ten por que haber dous bandos, todos somos do mesmo, cando nos deamos conta diso as cousas serán diferentes, mentres tanto haberá que seguir loitando para educar por ese camiño.


36 views0 comments

Recent Posts

See All

Música