top of page
Nº de Rexistro Sanitario
C-15-004375
Santiago de Compostela
Técnicas de estudo
A maioría da xente non ten un cerebro privilexiado que lle permita adquirir un montón de coñecementos sen apenas esforzo. É máis, o 99% das persoas necesitamos un esforzo importante para conseguir aprender e sobre todo para lembrar o aprendido, e que ese recordo perdure no tempo o máximo posible.
A adquisición de coñecementos é un proceso que non ten por que ser moi complicado, o que si require é traballo e esforzo (que realmente acaba compensando) e sobre todo querer conseguir unha meta: aprender e facelo dun xeito efectivo para que o aprendido non se esqueza enseguida e sirva como base para futuros coñecementos (algo básico para algunhas materias).
Unha vez adquirido un método efectivo de estudo nótase a diferenza fronte a cando non se tiña ou non se practicaba, tanto en tempo empregado como no aproveitamento de ese tempo.
Miraremos aspectos relacionados co xeito de funcionar a nosa mente á hora de estudar e intentaremos melloralos (motivación para estudar, concentración, lectura). Tamén será importante o ambiente de estudo e a súa posible mellora, así como a memorización do aprendido e maneiras de mellorala.
Este obradoiro de técnicas de estudo consta de diferentes partes nas que se abordan aspectos importantes para lograr un método suficientemente eficaz á hora de afrontar o reto que supón estudar e que o estudado non se esqueza aos poucos días do exame.
Utilizaremos un método flexible que cada persoa pode ir adaptando á súa propia personalidade e xeito de traballar, xa que o que pode funcionar para uns pode non ser tan válido para outros, polo que se pode necesitar facer algúns cambios ou simples variacións.
Se estás dispost@ a mellorar ou aprender unha técnica de estudo, polo motivo que sexa (porque por moito que traballas non consegues resultados, porque tal como estudabas en primaria xa non parece dar resultado, porque non tes claro como facelo, porque queres conseguir mellores notas, porque queres aproveitar mellor o teu tempo…), podes facelo agora no Centro de Psicoloxía Claves.
bottom of page