.png)
Nº de Rexistro Sanitario
C-15-004375
Santiago de Compostela
No Centro de Psicoloxía Claves tamén ofrecemos a posibilidade de psicoterapia online usando unha plataforma exclusiva para este fin e creada en concreto por psicólogos e psicólogas.
Esta plataforma chámase Psypocket.
Pódese utilizar como chat, chamada de voz e, por suposto, video chamada.
Está encriptada de principio a fin e ofrece as maiores garantías de seguridade posibles e total privacidade e confidencialidade.
Só é accesible para profesionais acreditados (psicólogos e psicólogas colexiadas).

O único que necesitaredes os clientes e clientas será un correo electrónico para solicitar unha conta e así ter un usuario e un contrasinal, para isto debedes contactar por correo electrónico, teléfono ou WhatsApp co Centro de Psicoloxía Claves.
Esta opción de psicoterapia online está indicada especialmente para:
-
Persoas que teñan impedimentos físicos para acudir a unha terapia presencial.
-
Persoas que por cuestión de tempo non dispoñan do suficiente para acudir presencialmente (longas distancias).
-
Persoas que por distintos motivos non poidan saír da casa (medo a saír ao exterior, dificultades para interaccionar con outras persoas...).
-
Persoas que vivan nunha localidade estranxeira, ou que se despracen moito e non poidan estar na residencia habitual por diferentes motivos.
-
Persoas que se vexan afectadas pola Covid-19 dalgún xeito (que estén confinadas por contacto con positivos, que estén enfermas neste momento, que teñan pasado a enfermidade e aínda non se noten recuperadas, medo a un posible contaxio...).