top of page

 

“Claves” é un centro de psicoloxía localizado no primeiro andar de Área Central no barrio das Fontiñas en Santiago de Compostela.
Aínda que é de nova apertura o profesional encargado do mesmo leva máis de 15 anos traballando en distintos ámbitos da psicoloxía.
Ofértanse distintos tipos de axuda para unha ampla variedade de dificultades e problemas que calquera persoa pode atopar ao longo da súa vida.
Todas as persoas teñen recursos para afrontar os retos ou problemas que podan aparecer ao longo da vida, e aquí podemos axudar a que iso suceda.
O máis importante no Centro de Psicoloxía Claves son as persoas que acoden ao mesmo. A terapia adáptase a cada persoa en particular, tendo en conta os seus intereses e desexos.
bottom of page