top of page
![CLAVES 1 (2).png](https://static.wixstatic.com/media/5c6a2e_a0793a638d0f4c398c78a6fe15ec6e3f~mv2.png/v1/fill/w_276,h_85,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/CLAVES%201%20(2).png)
Nº de Rexistro Sanitario
C-15-004375
Santiago de Compostela
Carlos Vila García nº de colexiado G-4718
![IMG_20170617_215607.jpg](https://static.wixstatic.com/media/5c6a2e_52037a8de5d24521a0ebd0d431b9a139~mv2.jpg/v1/fill/w_251,h_336,al_c,q_80,enc_avif,quality_auto/IMG_20170617_215607.jpg)
O psicólogo encargado do Centro é Carlos Vila García.
Licenciado na USC en Psicoloxía Clínica e Psicopatoloxía; formado como terapeuta familiar sistémico no Centro Cambio de Vigo.
Mantiven a miña formación ao longo destes anos asistindo a xornadas, congresos e cursos sobre dificultades escolares, conductas adictivas, trastornos de alimentación, comunicación no contorno familiar, dificultades de parella, rehabilitación neurolóxica...
Ao longo de máis de 15 anos traballei en diversas clínicas e centros de psicoloxía, tanto con familias e parellas como de forma individual.
Tamén exercín como psicólogo no centro de recuperación de puntos do carné de conducir e como psicoterapeuta e neuropsicólogo rehabilitador na Fundación Foltra.
Na actualidade, aparte do meu traballo no Centro Claves, son terapeuta colaborador co equipo de psicoterapeutas do Centro de Psicoterapia Amaia (Bertamiráns).
bottom of page