Terapia familiar
A terapia, pode axudar a calquera persoa con calquera dificultade, non é necesario estar en situacións psicolóxicas extremas para acudir a un profesional da psicoloxía.
No centro de psicoloxía Claves atendemos diversas facetas da vida das persoas:
-
Problemas e dificultades do estado de ánimo (ansiedade, nervios, estrés, depresión…)
-
Dificultades e problemas nas relacións con outras persoas (familiares, parella, traballo, amizades…)
-
Problemas de sono, medos, fobias…
-
Dificultades para acostumarse a situacións novas (separacións, enfermidades, cambios importantes na vida cotiá…)
-
Adiccións de diversos tipos
O único necesario para acudir a un psicólogo ou psicóloga é estar a pasar por unha situación perturbadora ou molesta que nos impida levar a nosa vida como quereríamos e que interfira nela o suficiente para causarnos malestar ou preocupación.
Tampouco é imprescindible que nós “teñamos o problema”, pode ser que as actitudes de outra persoa nos afecten, directa ou indirectamente; sempre se pode facer algo para que a situación mellore.