A bola de neve
- Carlos Vila García

- Jun 28, 2021
- 3 min read
Ás veces son un pouco copión, non todo sae da miña cabeza. Iso si, creo que confesalo pode desculparme un pouco, e ademais tampouco creo que sexa chungo se non te apropias da idea e ademais falas de algo medianamente interesante. Ala, xa estou absolto!
Ao tema. Hai pouco lin unha pequena historia que estaba incluída nun libro dun psicólogo austríaco/norteamericano, un dos primeiros membros do Construtivismo Radical e a Terapia Sistémica (que son as miñas guías no traballo aínda que a moitos soaravos a chinés). Pareceume interesante comentar a historia (cambiei algún detalliño).
Había un tipo, de nome Gil Ypuertas, que era un cabrón coa maioría da xente porque pensaba que a vida consistía en gañar ou perder, para el só existían esas dúas opcións: ou gañaba el e perdía outro ou ao revés, non vía unha terceira opción, para el o xogo era así. En realidade vivía nunha especie de medo case permanente a perder e co engadido do estrés de quen está en continua vixilancia. Enriba o cabrón gozaba cando vía o mal que lles pasaba a outros.

Un día Gil aparcou algo lonxe do seu curre e, mentres empezaba a camiñar despois de aparcar, achegóuselle correndo un tipo para avisalo de que deixara as luces acesas e logo marchou. Gil quedou todo estrañado pensando que gañaría o tipo avisándoo; claro, a el non lle cadraba esa actitude. Non sabía que esa acción acababa de impoñerlle novas regras dun xogo diferente. Mentres volvía para apagar as luces experimentou unha rara sensación, como de obriga cara outros que tiveran un problema semellante. Pero foi só cousa dun pensamento pasaxeiro.
Ata que varios días despois si pasou algo decisivo. Atopou unha carteira cun sobre con 700€! Xa flipaba da sorte que tivera cando se lle pasou pola cabeza o tipo que o avisara das luces do coche acesas. Entón mirou o enderezo que había no DNI e alá se foi, case sen pensalo. O dono da carteira vivía nun edificio bastante cutre e o sobre contiña o seu soldo do mes. Alucinaba cando Gil lla devolveu e ademais non aceptou os 20€ que lle daba como recompensa (ofrecíallos algo obrigado, sen ningún entusiasmo), pois pensaba nos mesmos términos que normalmente guiaran a conduta de Gil: “hai que ser parvo do cu para devolver unha suma de cartos que atopas así, e que ninguén o sabe”. Pero el tampouco sabía que Gil acababa de impoñerlle as regras do novo e estraño xogo, pois na próxima ocasión semellante que se atopou, el tamén acabou comportándose como un “parvo do cu”.
O que lle pasou a Gil Ypuertas comezou unha especie de reacción en cadea noutras persoas e Gil chegou ata o punto de que atopou divertida esta forma nova de “gañar” aos demais e o “poder” que lle daba sobre outros.
É unha historia inventada para mostrar que en moitas ocasións hai máis posibilidades das que podemos ver en principio. Está baseada na “Teoría de Xogos” que é mogollón de interesante e ten aplicacións na economía, bioloxía, psicoloxía, socioloxía, cibernética, e un montón de campos máis.
En realidade o protagonista da historia descubre que a súa concepción de que para gañar algo outro ten que perdelo non é sempre así, existe a posibilidade de que dous poidan gañar, e tamén ten en conta como inflúe no resto o que un fai, e como iso pode modificar as súas respostas.
Neste sentido, moitas veces usamos a metáfora da pequena bola de neve que cae por unha pendente e se vai facendo máis e máis grande para referirnos a como as desgrazas poden ir aumentando, e case nunca nos damos conta de que tamén vale para o contrario, cando algo empeza a cambiar a mellor tamén é posible manter o cambio nese sentido (aínda que ningunha das dúas tendencias son constantes, ollo!, sempre vai haber irregularidades no proceso, a vida é está chea de altibaixos, coma ondas de son, arriba e abaixo, arriba e abaixo).
.png)



KQBD luôn được cập nhật liên tục, giúp người hâm mộ nắm bắt diễn biến các trận đấu một cách nhanh chóng và chính xác.
8DAY gây ấn tượng với giao diện hiện đại, tốc độ tải nhanh và trải nghiệm thân thiện cho mọi người dùng.
Truyensex io thu hút đông đảo độc giả nhờ kho truyện phong phú, nhiều thể loại hấp dẫn cùng giao diện đọc mượt mà qua link https://truyensex.io/
. Việc tạo tài khoản cực kỳ nhanh chóng, giúp bạn có thể bắt đầu đọc ngay. Xem thêm tại truyensexio.
EV88 là nhà cái đáng tin cậy với kho trò chơi đa dạng, phần thưởng hấp dẫn và ưu đãi cập nhật hàng ngày. Hệ thống nạp – rút tự động quốc tế mượt mà. Truy cập https://ev882.sa.com/
để trải nghiệm.
DN88 thu hút người chơi bởi hệ thống bảo mật thông minh, tốc độ phản hồi nhanh và giao diện dễ thao tác trên mọi thiết bị. Vào https://dn88.site/ sẽ mở ra nhiều lựa chọn trò chơi hấp dẫn cùng chương trình ưu đãi duy trì liên tục. Sự tin cậy ấy đã giúp thương hiệu phát triển mạnh trên dn88 site.