top of page
Search
Writer's pictureCarlos Vila García

O Sr. Miyagi e os vendefumes

En bastantes ocasións sucede que hai cousas, accións, condutas... que teñen unha función clara pero ás que lle podemos atopar máis utilidades. É unha capacidade que posuímos que debemos agradecer en gran parte á nosa imaxinación. Ten sucedido incluso que alguén inventa un obxecto ou un procedemento para levar a cabo unha tarefa e obtén uns resultados mediocres tirando a malos, pero entón alguén descubre que para outra cousa para a que non estaba pensada vai de pinga.


Ben, a pesar do dito, tamén se dá o caso de que hai cousas que están indicadas para determinada función, e non valen para outra. Entón danse ocasións nas que é mellor non flipar demasiado e usar o que sexa que imos usar, para o que está indicado. Vale tanto para obxectos como para servizos.


Por exemplo é mellor usar un abre chapas para abrir unha botella que usar os dentes, ou unha culler para tomar a sopa mellor que un garfo (os dentes e o garfo poden usarse pero o resultado...).



Entón no caso, por exemplo, de ter que saber defenderte será mellor ir a clases de autodefensa que copiar o que viches nunha peli, así, sen profesor nin nada.


Isto ven a que circulan por aí algúns sabelotodos, que igual se curran o tema (ou igual non moito), pero o seu obxectivo é simplemente sacar cartos de persoas agoniadas importándolles unha merda o que lles pase despois de que paguen polos seus “servizos”. Sempre é mellor acudir a profesionais que non a alguén que conte calquera milonga desas de que aseguran resultados excepcionais para todo e se aproveitan da xente crédula e desesperada: desde atar un amor (creo que á outra persoa non lle preguntan se quere estar atada), ata o éxito económico, pasando por curacións milagrosas teñas o que teñas ou éxito laboral garantido.


Ponme dos nervios cando me aparece no parabrisas do coche o típico flyer do “Doutor Fulano, soluciona todos tus males”.


A pesar de todo, ben sei que hai algunha xente a quen lle poden valer estas cousas, e se lle valen, pois vale... O meu é unha simple opinión (porque tamén hai moita xente que se ten sentido tangada por vendefumes esotéricos...).

30 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page