Hai uns días recibín unha chamada da RTVG para dicirme se poderían preguntarme algunhas cousas sobre un par de temas para un programa.
RTVG-Fun polo aire, prog. 677 (07/01/2022).
Dispoñible en: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-677-5472434
En principio eu entendín que era unha pequena entrevista telefónica (como outra que me fixeron haberá un ano) para un programa da radio. Cando me chaman un par de días despois (data na que quedaramos) para preguntarme que donde estaba exactamente o local xa me extrañou, e cando vin a dous rapaces, con micro, cámara e trípode acojoneime un pouco (Que!!?? A tele!??), pero non había marcha atrás. Ao final foron moi agradables e non foi para tanto (non me mola moito saír en cámara).
Querían que dera a miña opinión como profesional ante a pregunta:
- Queixámonos moito os galegos?
Fixéronme varias preguntas sobre o tema, como unha pequena entrevista duns 12/15 minutos, a maioría preguntas interesantes. A cuestión é que cortaron moitas das preguntas e respostas (cousas da tele imaxino), o cal sempre pode disgustar un pouco ao entrevistado, pero o que menos me gustou é que ao editalo eu saía en pantalla dicindo que queixarse quizais fora algo da forma de ser dos galegos e galegas. Pero esa non era a miña opinión, pois nunca me gusta xeneralizar nin caer en tópicos, sempre o evito, e eu contestei coa miña alerxia á xeneralización comentando que non pensaba que nos queixaramos máis que outras persoas de outras partes e que podemos atopar absolutamente de todo en calquera sitio, pero que había quen pensaba que si. Pero se quitamos a primeira parte da resposta, queda o que queda. Iso si molestoume un pouco cando o vin porque ademais tanto as preguntas como as respostas parecéronme bastante interesantes, como xa dixen, e foi unha mágoa que non puxeran todo.
Algunhas cousas interesantes que se comentaron foron, por exemplo, as seguintes:
- Queixámonos moito? ”Home hai de todo. Hai quen non se queixa ou quéixase pouco e o leva ben, e hai quen non se queixa para non agobiar ás persoas cercanas, serían os que entran dentro do tópico dos que gardan ou tráganse todo, e iso tampouco é bo porque acaba pasando factura dalgún xeito. Non é cuestión de encendido/apagado; hai un contínuo e segundo cada un e cada momento movémonos ao longo do mesmo, non é tan simple como queixarse/non queixarse.
- Outra cousa que se comentou foi que moitas veces cando alguén se queixa non busca unha solución a esa queixa, pode ser que só necesite expresar as súas preocupacións e simplemente hai que escoitar e quizais recoñecer que é unha putada o que lle pasa.
- Que tal como é o mundo no que vivimos é moi difícil non queixarse de algo.
- Tamén saíu que ás veces hai unha tendencia a remarcar o que vai mal para corrixilo pero moitas veces non comentamos o que vai ben (porque como xa vai ben non se necesita corrixilo...-?-), e falar do que está ben feito tamén hai que facelo, quizais facémolo pouco.
Algunhas preguntas e respostas máis había, agora xa non lembro moitas máis.
Pereceume unha boa experiencia salvo porque cortaran cousas interesantes (para min, para o editor ou editora igual tamén pero... xa imaxino como é o tema dos tempos na tele). O que máis me amolou foi o de que parecía dicir unha cousa cando realmente dicía a contraria (igual nin se deron conta diso, vai ti saber).
Como resumo: bastante boa experiencia e pequeno sinsabor sobre o resultado final.
Comments